Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio repartirá 3.000€ en vales de compra durante o mes de xuño

RR_Noticias

A campaña “Máis que comercio”, que se vai desenvolver durante todo o mes de xuño conta coa colaboración dun total de 114 establecementos comerciais de todo o municipio. Co obxectivo de promover o comercio de proximidade, estes establecementos agasallarán aos seus clientes con vales de compra e outros premios.

Esta campaña de dinamización comercial que se está realizando a nivel de toda Galicia chega neste mes de xuño a Redondela para repartir máis de 3.000€ en premios entre os consumidores da localidade. Os clientes recibiran unhas tarxetas de participación con uns códigos cos que poderán votar ao seu establecemento favorito e gañar algún dos 133 premios que se atopan ocultos baixo as fotografías dos establecementos participantes. Tal como explicaba a delegada da Xunta en Vigo, Mª José Bravo, os clientes dos comercios asociados recibirán por cada 5 euros de compra un cupón para participar nun xogo on line na web www.maisquecomercio.com, no que votando ao seu establecemento favorito poderán lograr diferentes agasallos e premios en metálico para comprar no pequeno comercio. Non só haberá premios para os clientes, xa que o establecemento máis votado recibirá tamén un recoñecemento público ao seu labor Comercio, servizos e hostalaría participan nesta campaña que integran a todos os sectores do Centro comercial Aberto o obxectivo é premiar a fidelidade da cliente e servir de reclamo para descubrir a ampla oferta comercial da vila.  

Fernando Sampil Asociación de empresarios
114 establecementos de todo o concello colaboran na iniciativa
Mª José Bravo delegada da Xunta en Vigo
Explica como participar na campaña
Recoñecemento aos comercios
Premios para os clientes e recoñecementos para o comercio máis valorado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará