Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mozo de Redondela salva a vida logo de caer co seu vehículo por un noiro de 80 metros

RR_Noticias

O sinistro produciuse na madrugada do sábado na A-52, á altura do alto do Confurco entre Ponteareas e O Porriño. O mozo, de 36 anos de idade e veciño de Redondela conducía un Alfa Romeo 156, perdeu o control do vehículo e caeu por un noiro de entre 70 e 80 metros de altura. O propio condutor avisou a través do seu teléfono móbil ao 112.

O rescate foi realizado polos Bombeiros de O Porriño que tiveron que empregar un complexo sistema de poleas e cordas. Unha vez descenderon ao lugar no que se atopaba o vehículo colocaron ao ferido nunha padiola. Foron necesarias máis de tres horas para lograr alzan ao ferido que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo. Presentaba dor no peito con dificultade para respirar e tamén hipotermia.
A actuación rematou ás 7:30 horas da mañá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará