Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A empresa Radio Pérez recomendada por Santos facturou ao concello de Redondela 21.779 euros

RR_Noticias

O PSOE denuncia que a empresa recomendada a Javier Bas polo investigado alcalde de O Porriño, Nelson Santos, facturou ó concello de Redondela 21.779,76 euros en alumeado dende a conversa entre os dous rexedores e que se fixo público no marco da investigación da Operación Multiusos na que se atopa inmerso o alcalde porriñés.

A empresa Radio Pérez realizou traballos para o concello de Redondela por valor de 21.779,26 euros en alumeado, 11.903,74€ en Redondela e 9.876,02€ nas parroquias. Unha contratación que se tería producido semanas despois de conversa feita pública no marco da operación Multiusos e na que o alcalde de O Porriño, o popular Nelson Santos, falaba co rexedor de Redondela recomendándolle a contratación desta empresa de electricidade. Dende o PSOE critican que Javier Bas e a concelleira Herminda Quelle aceptaran a recomendación do rexedor de O Porriño  “que agora está sendo investigado por unha trama de corrupción”.
Dende o grupo socialista presentaron o pasado venres unha petición de comparecencia para que Bas explique as relacións que mantén coa mencionada empresa Radio Pérez e que explique cales son as deficiencias que foron detectadas no seu día e que levaron a que o concello de Redondela prescindise dos seus servizo e “que agora parecen estar solucionadas”. O voceiro socialista, Eduardo Reguera amosa a súa preocupación porque “algunha das empresas que traballe para o concello non teña ós traballadores en regra. Por este motivo, creo que merecemos unha explicación sobre este asunto”.
Reguera engade que o PP de Redondela, a través do seu perfil de facebook deu a súa versión sobre a súa relación con Radio Pérez explicando que se contratou a esta empresa por ser a máis económica das tres ofertas presentadas pero engade “o PP en ningún momento específica cal é a cifra que facturou Radio Pérez ó concello nin indica que outras empresas se presentaron nin os seus orzamentos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará