Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do Imposto de circulación

RR_Noticias

O vindeiro 6 de xuño remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica no Concello de Redondela correspondentes o exercicio 2014. Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Novagalicia Banco, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 en horario de mañá de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas. Poderán tamén descargar o recibo dende a páxina web do Concello no apartado de recadación, introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición. Os que así o desexen poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente na páxina web do Concello.
Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará