Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera demanda un plan cultural para San Simón

RR_Noticias

O PSdeG solicitará no vindeiro pleno información sobre a programación cultural da Illa de San Simón e a capacidade de participación que o concello de Redondelán ten na xestións do arquipiélago. Critican que actualmente só exista un “calendario de visitas comerciais2 e non un programa de actividades culturais.

Aseguran os socialistas que a día de hoxe as illas carecen dunha programación cultural xa que segundo engade o seu voceiro, Eduardo Reguera “o único que existe é unha programación de visitas comerciais a San Simón xestionadas por unha empresa privada. Isto pode dinamizar o turismo, pero carece de valor cultural. Non existe unha planificación de actos, nin unha programación consolidada”.
Por este motivo, o voceiro socialista reclama que “máis alá de visitas turísticas que tamén son importantes, se poña en valor o que alí sucedeu a través do desenvolvemento de actividades culturais”.
Demandan tamén información sobre “o papel que está a xogar actualmente o concello de Redondela e o seu alcalde na xestión de San Simón e, tamén, cales son os plans futuros para o arquipélago porque, actualmente, parece que a única planificación existente é un calendario de visitas comerciais e isto parece pouco para o que representa este histórico enclave redondelán”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará