Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amante Romero presenta o libro “Cabeiro: Terra de Cesteiros”

RR_Noticias

O Centro Cultural de Cabeiro acolle o domingo ás 12:30 horas a presentación desta publicación na que se fai un percorrido pola historia, a cultura e a arquitectura da parroquia, prestándolle especial atención a oficios desaparecidos na zona como o de cesteiros, que durante anos foi a fonte principal de ingresos dos veciños ata ir esmorecendo a súa elaboración tradicional coa chegada do plástico.

Un traballo de investigación e de busca de información elaborado en ase ás onversas mantidas cos propios veciños do lugar pero tamén buscando en hemerotecas de xornais e rexistros de bibliotecas que deu como resultado este libro que se presentará o domingo no Centro Cultural de Cabeiro e que se repartirá gratuitamente entre os veciños. Unha publicación na que atopamos temas diversos, dende unha pequena aproximación a súa historia arqueolóxica, pasando polas diferentes manifestacións culturais ou os seus edificios e construccións máis emblemáticas. Mención aparte merece un curioso capítulo no que Romero recolle a crónica máis negra da parroquia, o asasinato dun veciño supostamente a mans do seu irmán. Un suceso que deu lugar incluso a unha copla popular.  

Amante Romero autor
Explica o por que do título
Crónica negra
Hai tamén un oco para a crónica de sucesos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará