Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, capital dos títeres

RR_Noticias

Redondela convérsese esta fin de semana na capital dos títeres cunha amplísima proposta na que a programación de sala comparte cartel cun intenso programa de rúa no que a música, os espectáculos itinerantes e as obras ao aire libre serán as protagonistas indiscutibles. Cinco carpas xa instaladas en diferentes puntos do casco urbano garanten a celebración da totalidade dos espectáculos aínda que chova.

A praza do concello e da Casa da Torre, a pista da Xunqueira, a Alameda e as rúas serán esta fin de semana territorio de monicreques, con espectáculos variados e para todos os públicos a cargo de compañías de Francia, Cataluña, Galicia, Arxentina, Italia e Portugal. Na sala temos tamén interesantísimas propostas. Hoxe venres será a compañía La Chana Teatro de Castela-León quen porá en escena “Gaudeamus” ás 21:00h. Unha obra baseada en “El licenciado Vidriera” de Miguel de Cervantes. A compañía propón unha adaptación libre, cómica e satírica desta novela exemplar, levándoa ao máxico teatro de obxectos e centrando a trama no desexo dun homiño pobre de ser o personaxes máis famoso do seu tempo polos estudos e coñecementos. Mañá sábado ás 17:00 horas os títeres “levantaranse” contra os desafiuzamentos. Tanxarina aposta por lles falar aos nenos de temas reais e proponnos na súa última obra “A casa do avó” unha serie de divertidas aventuras a través das cales lles achegan aos máis pequenos a problemática dos desafiuzamentos. Unha obra dirixida por Cándido Pazó e na que Tatán, Miguel Borines e Andrés Giráldez volven arriscar con novas técnicas. Un neno recibe o aviso de que o seu avó vai ser desaloxado da súa casa embargada por un banco. O neno pon en marcha un plan para axudar aos seu avó e dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras nun encontro entre o cómico e o poético. Outro xeito de falarlles aos máis novos da realidade e dos desafiuzamentos nunha obra orientada ao público familiar a partir dos seis anos. Unha fin de semana marcada tamén polas dúas propostas que nos deixa todo un referente na manipulación de monicreques, Jordi Bertrán. O sábado ás 21:00 horas presentará a obra “L,alé dels fils” e o domingo repetirá ofrecéndonos a que foi a súa ópera prima: Antología. Estreada en 1987 continúa visitando os escenarios dos cinco continentes estruturada baixo a fórmula do cabaret Unha programación que se completa cun concerto ao aire libre no que participarán os 19 grupos que colaboraron na creación do disco “Son Titiriteiro”, un proxecto musical no que os grupos locais compuxeron e gravaron un tema dedicado aos títeres. O disco, que se pode adquirir nos postos de venda da organización e nos locais Café da Vila, o Chusco, a Discotasca, a librería Carambola e na tenda Mandamamá a un prezo de 8 euros, é a escusa perfecta para o concerto espectáculo que se vivirá o sábado ás 23:30 horas no Campo da Feira con entrada de balde. Tamén de balde será todas as actividades de rúa que se celebren nas xornadas de sábado e domingo, mentres que as funcións de sala manteñen o prezo de anos anteriores, 5 euros os adultos e 3 euros os nenos, unhas entradas que se poden retirar dúas horas de cada función no Multiusos.  

Luis Crespo director do Festival
Fálanos dalgunhas das propostas da fin de semana
Son titiriteiro
Un concerto-espectáculo no Campo da feira
Tantán Tanxarina
A casa do avó é a proposta para o Multiusos na tarde do sábado
Jordi Bertrán
Protagonista nas noites de sábado e domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará