Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns tamén castigan aos máis grandes

RR_Noticias

PP e PSOE son tamén en Redondela os grandes castigados dunhas eleccións nas que perderon máis de 1.600 votos cada un e caen 15 puntos en porcentaxe de voto respecto das eleccións europeas do 2009. O BNG sitúase como quinta forza, adiantados por AGE e Podemos. Os prognósticos que vaticinaban unha elevada abstención non acertaron xa que do mesmo xeito que no resto de Galicia acudiron ás urnas un 47% dos votantes, algo máis que hai cinco anos.
 

Malia a vitoria do PP, esta forza queda moi lonxe dos resultados do ano 2009, cando se fixeran co 41,94% dos votos ao recibir o apoio de 4.650 votantes fronte ao 27,23% obtido onte con 3092 votos. Do mesmo xeito o PSOE sofre un duro castigo ao perder tamén máis de 1.600 votos, pasando de 4.684 votos a 2.992 que en porcentaxe supón unha caída de 15 puntos, ao pasar dun 42,25% a tan só un 26,35%.
O BNG é outro dos partidos castigados nestas eleccións malia que a súa perda de votos é notablemente inferior, logrando o respaldo de 977 votantes (8,6%) fronte aos 1144 votos recibidos hai cinco anos (10,32%).
A formación que lidera Xosé Manuel Beiras sitúase como terceira forza no noso concello, xa que a coalición de AGE con IU logrou 1.394 votos, cun 12,27% dos sufraxios emitidos nas mesas do municipio. Entra con forza Podemos, a indiscutible sorpresa destes comicios, que se estrea nesta campaña con 1.240 papeletas en Redondela, un 10,92%.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará