Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais do CEIP Igrexa advirten que non consentirán o seu derrube mentres non se constrúa o novo

RR_Noticias

As obras de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela obrigarán a trasladar o colexio Igrexa, situado a escasos metros da autoestrada. O Concello de Redondela xa ten avanzadas as xestións para adquirir un terreo no barrio de Cidadelle, para construír o novo centro. Trátase dunha opción que valoran positivamente a dirección do colexio e a ANPA. Con todo, os pais advirten que non permitirán que se derrube o centro mentres non estea construído o novo.

O alcalde, Javier Bas, informou aos representantes dos pais que as negociacións para facerse cos terreos coñecidos como “polígono de autopistas” están avanzadas. Trátase dun solar de 35.000 metros cadrados, próximo ao centro de saúde de Chapela. A intención do Concello é cederllo á Xunta para trasladar alí o CEIP Igrexa. A presidenta da ANPA, Ana Figueroa, amósase satisfeita coa solución, ao tempo que salienta que o compromiso por parte da administración é que o actual centro “non se derrube ata que estea construído o novo colexio”. Entende tamén que pode ser unha boa oportunidade para “mellorar as actuais condicións” nas que estudan os alumnos cun centro “máis amplo e moderno”. A mesma valoración fai a directora do centro, Herminda Bote, que se amosa “encantada” de que se constrúa un novo edificio, xa que o actual é moi vello, “dos anos sesenta”. A directora entende que sería “de xustiza” que os veciños poidan dispoñer dun centro novo e con mellores dotacións, logo de décadas “padecendo os prexuízos da autoestrada”. Aínda non se coñecen detalles sobre a adquisición dos terreos, cuestión prioritaria para os veciños unha vez que o Ministerio de Fomento xa anunciou este mes a licitación das obras de ampliación. O que si teñen claro as familias cuxos nenos estudan no CEIP Igrexa, e que non consentirán o derrube do colexio “mentres o novo non estea feito”. Así de rotundos se amosaban algúns familiares como Pepe ou Lucila, que rexeitan que os rapaces acudan a outro centro de Chapela mentres se executan as obras. Para Ángel “o ideal” sería que o novo colexio estea rematado antes do traslado, pero é escéptico sobre as decisión que poida tomar a administración. Actualmente o centro conta con 97 alumnos de entre 3 e 12 anos, que cursan Educación Infantil e Primaria.  

Ana Figueroa presidenta da ANPA
O compromiso adquirido co Concello contempla a construción do novo centro antes de derrubar o vello.
Herminda Bote directora do CEIP Igrexa
Para a dirección do colexio é unha cuestión de xustiza que se constrúa un novo centro.
Pepe Lucila e Manuel
Estes veciños advirten que non consentirán que se derrube o colexio mentres non estea construído o novo centro.
Ángel pai de alumno
Este veciño amósase escéptico sobre os prazos da administración para o derrube do centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará