Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita a retirada da caseta instalada na praia de Cesantes

RR_Noticias

Os nacionalistas aplauden a concesión da bandeira azul á praia da Punta por entender que supón “un recoñecemento a todos os veciños de Redondela” así como a “unha axeitada planificación das intervencións realizadas cara a preservación do Areal” en referencia á retirada do tráfico da area e á recuperación de flora autóctona. Entenden que o goberno local vai ter que “cambiar agora a súa estratexia nese lugar” e lle esixen a adopción de medidas máis respectuosas co areal.

O BNG entende que a concesión desta distinción vén da man da existencia dunha serie de iniciativas postas en marcha en anos anteriores e poñen como exemplo a eliminación do tráfico do areal, a recuperación da flora autóctona, as campañas de concienciación cidadá, a construcción de pasarelas de accesibilidade e a dotación de equipos de salvamento.
Entenden que esta distinción “vai supoñer que ao goberno de Javier Bas non lle quede máis remedio que cambiar a súa estratexia arrespeito a Punta de Praia” xa que segundo engade a voceira nacionalista “calquera tipo de intervención, por pequena que sexa, debe realizarse coa axeitada planificación”.
Neste sentido apunta que “as últimas intervencións do goberno municipal van na liña contraria ao que postula a concesión de bandeira azul”. Para Cecilia Pérez a construcción de murallóns no propio areal, constitúen toda unha contradicción.
Do mesmo xeito esixen do goberno municipal que cumpra coa autorización concedida polo servizo de Paisaxe para a instlaación dunha caseta no sistema dunar e que esta “sexa retirada ou reubicada de inmediato noutro punto máis axeitado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará