Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xesús Alonso Montero participa nunha charla sobre Díaz Castro en Saxamonde

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde propón para esta fin de semana tres días de intensa actividade cultural en torno á celebración do día das letras. Un ambicioso programa que contará coa presenza hoxe mesmo do Presidente da Real Academia galega, Xesús Alonso Montero, quen impartirá ás 19:45 a conferencia titulada “Do seminario ao socialismo”. A programación inclúe contacontos, teatro, recitais poéticos e actividades deportivas.

A Asociación Chan das Pipas propúxose este ano celebrar o Día das letras cunha completa programación cultural na que incluíron persoeiros da talla de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG. Será hoxe venres cando se achegue a Saxamonde para impartir a charla “Do seminario ao socialismo” ás 19:45 horas. Previamente celebrarase unha sesión de contacontos a cargo do escritor Miguel Angel Diz. A programación continua o sábado co I Cross Escolar do Chan das Pipas no que poderán participar os rapaces que se acheguen ás once da mañá ao centro cultural. Xa as sete da tarde a proposta será teatral coa presentación da obra “Os escravos” a cargo do grupo de teatro da Asociación de Mulleres Arela. O domingo volverán vivir unha intensa tarde cultural cun recital poético musical no que os mozos da parroquia rapearán os textos de Díaz Castro, proxectarase o video “O instante eterno” e o profesor Armando Requeixo ofrecerán unha conferencia na que afondará na vida e obra do escritor das letras deste ano.  

José Luis García Pinto Chan das Pipas
O presidente da RAG é o protagonista dos actos do venres
Deporte e teatro
O sábado as actividades arrancarán xa de mañá
Intensa tarde de domingo
Charlas recitais e música a partir das seis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará