Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O artista da chatarra en movemento presenta a exposición “Vida acuática”

RR_Noticias

Caranguexos, cabaliños de mar, caracois, tartarugas, peixes globo… forman parte desta sorprendente exposición que se pode visitar no Multiusos da Xunqueira dende este sábado 17 de maio ata o día 26 enmarcada dentro da programación do Festival Internacional de Títeres. A entrada custa 1 euro, agás no día da inauguración, que será de balde.

En total son 17 pezas elaboradas todas elas a partir de materiais reciclados aos que Raúl Martínez “Ferroluar” lles da  unha segunda vida. Empregando materiais como paraugas, motores de limpiaparabrisas, chapas de metal recuperadas ou bidóns consegue elaborar unhas creacións con vida propia. Unha batea de mexillóns ou un banco de sardiñas que cobran vida grazas aos sensores de movemento que levan incorporados, un peixe globo que se infla cunha bomba neumática ou unha balea articulada son tan só algunhas das “esculturas” que integran esta mostra. A  exposición, que fai parada durante este semana en Redondela, levou a maxia das profundidades mariñas ás máis prestixiosas mostras e festivais de teatro do estado facendo a ledicia de grandes e cativos. O horario de visita é de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.    

Raul Martínez Ferroluar
Unha exposición elaborada con material de reciclaxe
17 pezas
Algunhas en pequeno formato e outras de gran tamaño
Para todos os públicos
Grandes e pequenos gozarán da exposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará