Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura convoca un concurso de alfombras para involucrar aos máis novos nas Festas da Coca

RR_Noticias

A Concellería de Ensino e Cultura convoca o primeiro concurso de debuxo de alfombras orientados ao alumnado dos Colexios de Redondela. O obxectivo é que tamén os máis pequenos de todas as parroquias sintan como súa a Festa da Coca e que participen na elaboración das alfombras, xa que a clase gañadora terá a oportunidade de plasmar o seu deseño na alfombra que se elaborada na praza do Concello.

Poderán concursar alumnos dos centros públicos do concello que teñan entre doce e dezasete anos formando grupos de dez compoñentes baixo un nome común. Os bosquexos deberán presentarse en sóprote de cartolina antes do día 2 de xuño no rexistro do concello. O grupo premiado confeccionará a alfombra deseñada na praza da Casa do concello. As bases pódense consultar na paxina web do Concello.
Ass Concellerái de Ensino e Cultura convocan por primeira vez este concurso co obxectivo de que os nenos de todas as parroquias sintan como súa as Festas da Coca e participen na elaboración das alfombras florais do mesmo xeito que o fan os nenos do casco urbano, aproveitando tamén a celebración da festividade local no Xoves do Corpus.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará