Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG considera unha provocación a presenza de Ana Pastor na Festa do Choco

RR_Noticias

A organización nacionalista cuestiona a presenza da ministra de Fomento o pasado domingo día 11 “sen ningún sentido nin lóxica, salvo por cuestións meramente electoralistas”. Critican ao goberno de Javier Bas por convidar aos actos festivos á persoa responsable da ampliación da AP-9.

Recordan dende as filas nacionalistas, que esta ampliación vai supoñer a defenestración de Chapela por aumentar o número de carrís de circulación, as afeccións sobre a parroquia, e diminuír a calidade de vida dos veciños da zona.
Consideran dende a organización nacionalista, toda unha provocación a presenza de Ana Pastor en Redondela. “En todo caso, tería que ter vido a dar explicacións sobre os motivos do seu departamento para promocionar unha ampliación inútil a todas luces, de enorme impacto ambiental, e cunha importante resposta social en Chapela”.
Asegurna que con actos coma este “queda ben claro que todas aquelas iniciativas que tomara o alcalde, aparentemente en contra da ampliación, eran un paripé para quitarse de enriba a presión veciñal”.
Dende o Bloque esixen unha vez máis “a paralización inmediata do Proxecto de Ampliación, posto que non vai solucionar o problema da mobilidade na Área de Vigo, máxime cando está a diminuír o tráfico rodado que utiliza a autoestrada”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará