Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita a gratuidade universal dos libros de texto no ensino obrigatorio

RR_Noticias

PP e AER votaron en contra da moción presentada polo BNG e na que se reclamaba á Xunta que retomase o sistema de préstamo universal dos libros e que se avanzase na gratuidade total de todos os medios que se utilicen no ensino público. Argumentaron o seu voto en contra da proposta do Bloque por entender que este material escolar só debería ser gratuíto para aquelas familias con escasos recursos económicos. O apoio dos concelleiros socialistas non foi suficiente para que a moción saíra adiante.

A Agrupación de Electores a través do seu voceiro, Alfonso Blanco argumentou o seu voto en contra da moción presentada polos nacionalistas pro entender que os libros de texto deben ser gratuítos para aquelas familias que “así o necesiten por cuestións económicas” pero defenden que non se debe promover unha gratuidade universal. No mesmo sentido se manifestaba a concelleira do PP, Teresa París quen engadía que “dende a Xunta xa se garante o acceso gratuíto aos libros a aquelas familias de rendas máis baixas” e en base a “criterios solidarios”. Unha moción presentada polo BNG na que os nacionalistas reclamaban qeu a Xutna retomase a gratuidades dos libros e que non se cambien os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos en que se vai implantar a LOMCE. Cecilia Pérez Orge incidía na necesidade de que o ensino público sexa universal e gratuíto para todos independentemente da renda dos pais e lembraban que o sistema de préstamo que puxo en marcha o bipartido cando gobernaba favorece non só o acceso dos alumnos aos libros senón a responsabilidades dos rapaces. Argumentos que defedía tamén o socialista Eduardo Reguera quen insistía en que os nenos que están estudando as ensinanzas obrigatorias deben ter os libros gratuítos e criticaba que se subvenciones os colexios privados e concertados mentres se recortan fondos para o ensino público.  

Cecilia Pérez BNG
A moción foi presentada polo BNG en defensa da gratuidade dos libros de texto
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas formulaban tamén o seu apoio a unha educación universal e gratuíta
Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores entende que a gratuidade dos libros debe ir en función das rendas
Teresa París PP
os populares defenden unha gratuidade en base a "criterios de solidariedade"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará