Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Participación Cidadá abre o prazo para a solicitude de subvencións

RR_Noticias

Este departamento destina 25.000 euros que serán repartidos entre aquelas asociacións que acrediten a realización de actividades orientadas a promover as relación entre a veciñanza e a súa vinculación coa súa contorna.As solicitudes deben presentarse como data límite o 26 de maio.

Poderán solicitar estas axudas aquelas asociacións, centros parroquiais ou federación de asociación de veciños que se atopen inscritas no rexistro municipal de asociacións e que teñan debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias. Deberán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello antes do vindeiro luns 26 de maio.
A contía da subvención virá determinada polo número de socios que teña a entidade solicitante, a repercusión da actividade na parroquia e a súa duración no tempo. Tamén se valorará o tipo de actividade, sendo as máis valoradas as de formación e as destinadas á promoción persoal.
As bases pódense consultar na páxina web do Concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará