Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama o arranxo dos danos causados polos temporais na praia de Rande

RR_Noticias

Acusan ao goberno local de mirar cara outro lado malia “as múltiples deficiencias que presenta a praia de Rande e que se viron agravadas polos temporais deste inverno”. Explican que a escaleira de acceso a praia está en moi mal estado e carece dos últimos chanzos do mesmo xeito que o muro que presenta un importante deterioro co seu conseguinte risco.

Dende o PSOE engaden que polo areal pódense atopar restos do propio muro e tamén unha multitude de pedras, unha situación que segundo aseguran xa lle foi trasladada ao goberno local. Critican que a día de hoxe os veciños do lugar continúen á espera de que se arranxen as numerosas deficiencias que presenta a praia.
A concelleira socialista e veciña do lugar, Digna Rivas entende que “a situación da praia de Rande volve mostrar a escasa capacidade do goberno de Javier Bas que dispuxo duns fondos para a reparacións do danos causados polos temporais este verán e que está a gastar esta partida na realización de obras novas, esquecendo reparar os problemas realmente causado polo mal tempo”.
O grupo municipal socialista espera que nos vindeiros días o grupo de goberno solucione os problemas deste areal como solicitaron os veciños do lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará