Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recepción ás remeiras de Chapela, campioas de España de Bateis na categoría Absoluta Feminina

RR_Noticias

As mozas que adestra Marco Antonio Castelao foron recibidas onte polo concelleiro de deportes Jesús Crespo e o alcalde de Redondela Javier Bas logo de facerse co primeiro posto na final disputada en augas de Cantabria. Un título na proba estatal que amosa o bo estado de forma do remo feminino, unha modalidade deportiva cuxa continuidade está asegura segundo explico o presidente do club Julio Prado.

Logo de anos de traballo e preparación e tras participar en tres ocasión no Campionato de España, as remeiras de Chapela fixéronse con esta proba na competición que tivo lugar en augas de Camargo en Cantabria. Un éxito que as remeiras atribúen ao bo traballo de equipo. Un logro que podería repetirse en anos vindeiros, xa que segundo explicaba o presidente do Club, Julio Prado “a canteira e o futuro está garantido con remeiras en categorías xuvenís e promesas que están a traballar duramente”. O edil de deportes Jesús Crespo amosábase especialmente satisfeito por este éxito deportivo xa que segundo dixo o deporte feminino era unha das contas pendentes no noso concello. Felicitaba ás remeiras por “dar a badalada” nun deporte que durante anos se presupoñía exclusivamente para os homes  

Un traballo de equipo
As remeiras entenden que o logro se debe en gran medida ao compacto do equipo
Julio Prazo presidente Club remo de Chapela
As categorías femininas contan cunha boa canteira
Jesús Crespo edil de deportes
O concelleiro fala do pulo que está a ter o deporte feminino en diferentes disciplinas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará