Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Villar deixa o movemento asociativo para liderar a Agrupación local de EU Redondela

RR_Noticias

A formación política de Esquerda Unida volver constituirse como agrupación local en Redondela logo de tres anos “dun longo traballo e un proceso constituinte aberto e democrático”. O novo coordinador local é Roberto Villar, quen nos últimos anos formou parte da directiva da Asociación de afectados pola ampliación da AP-9.

A nova agrupación aposta por un novo modelo político capaz de estar a altura das necesidades de toda a cidadanía motivo polo que impulsarán un programa municipal participativo no que poidan contribuir todos os cidadáns e os colectivos socias que así o desexen.
Entre os seus obxectivos salientan a necesidade de traballar por un reparto real e xusto dos orzamentos para cubrir as necesidades das parroquias sempre esquecidas e utilizadas políticamente polo actual e anterior goberno de  Redondela así como fomentar o crecemento e a desglobalización, creando canles curtas de produción. Apostan polo transporte público intermodal, o cooperativismo, a agro-ecoloxia, o eco-turismo, a bio-construción, a multifuncionalidade do monte e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.
Outros alicerces son o control do gasto público e a revisión e control mediante estudos de viabilidade das concesións públicas do Concello, aplicando unha política orientada a remunicipalizar os servizos privatizados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará