Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O empate do Choco ante o Deportivo B non chega para pelexar pola fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo redondelán quedou sen opcións de pelexar polo ascenso debido ás vitorias de tres dos seus rivais directos. Os de Jacobo Montes fixeron os deberes, viaxaron a Coruña en busca dun resultado positivo e acadaron un empate que os deixa na sexta praza.

Terceira Autonómica

Deportivo B 1-1 Choco
Adiantáronse os locais por medio de Adrián mediada a primeira parte, tras unha boa xogada na que termina batendo a Cortegoso sen que este poida facer nada por evitalo. Co 1-0 chegouse ao descanso, e na segunda parte ambos os equipos puideron anotar o seu gol, ben para sentenciar os locais ou para empatar os de Redondela. Pero non sería até o minuto 89 e de penalti cando Pablo Couñago establecía o definitivo 1-1. Empate que deixa ao Choco na sexta praza da que xa non se moverá pase o que pase na última xornada diante do Barbadás. Unha máis que meritoria praza para os de Jacobo Montes logo dunha espectacular temporada no seu regreso á Terceira División logo de tres décadas. A afección poderá despedir esta liga co seu equipo en Santa Mariña o próximo domingo para festexar os éxitos desta campaña.
Segunda Autonómica

Vilariño 0-2 Choco B
O Choco mantense na 3ª praza do grupo logo da vitoria no campo do Vilariño. Na próxima fin de semana o filial redondelán recibirá en Santa Mariña ao C.Vitoria, afundido na parte baixa da clasificación.
Arcade 7-0 Chispa
O Arcade goleou sen contemplacións ao feble Chispa. A próxima xornada xogan no campo do Zacande, que está unha posición por riba deles.
Pontecaldelas 1-0 Soutomaior
O Soutomaior perdeu pola mínima en Pontecaldelas e sitúase na metade baixa da táboa. O domingo reciben ao Pontevedra, un dos equipos fortes do grupo.
Terceira Autonómica

Cesantes 1-1 Marcón B
Os redondeláns manteñen a 10ª posición na táboa logo do reparto de puntos co filial do Marcón. Na próxima xornada xogan no campo do At.Estación, da metade alta da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará