Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela faise coa prata na regata de Vilaxoán

RR_Noticias

A terceira regata do campionato provincial de traiñeiriñas disputada onte en augas de Vilaxoán deixou ás mozas da categoría absoluta de Chapela na segunda praza, por detrás de Tirán. O sábado, no Grove, o club redondelán fíxose co bronce por puntos na primeira Bandeira Vitaldent.

As mozas de Tirán, os xuvenís de Mecos e os absolutos de Moaña foron os campións das regatas da terceira xornada do calendario provincial de trainerillas, que onte se disputaron en augas do porto de Vilaxoán, organizadas polo Club Remo da vila arousá. Na proba absoluta feminina malia que Chapela foi dominando todo o percorrido, na última recta as de Tirán fixeron un longo espectacular e non só igualaron ás chapeleiras senón que as adiantaron cruzando a meta con 5 segundos de vantaxe. Os xuvenís de Mecos volveron demostrar o seu magnífico momento e conquistaron unha vitoria merecida e clara. A sete segundos entrou Tirán e a 23, Robaleira. E en absoluta masculina o gran vencedor foi o equipo de Moaña, que gañou con claridade, seguíndolle Tirán e Amegrove. Os tres, xunto con Vilaxoán, que onte sufriu a rotura dun remo na recta final, parece que aspiran a dominar a categoría.
Resultados: Absoluto feminino: 1. Tirán, 15.25:24; 2. Chapela, 15.30:00; 3. Mecos, 16.06:22; 4. Amegrove, 16.52:91; 5. Vila Cangas, 17.01:99; 6. Tirán, 17.13:84. Xuvenil masculino: 1. Mecos, 14.06:14; 2. Tirán, 14.13:99; 3. Mecos, 14.25:52; 4. Robaleira, 14.29:92; 5. Vilaxoán, 15.31:29. Absoluto masculino: 1. Moaña, 12.49:81; 2. Tirán, 13.01:24; 3. Amegrove, 13.07:71; 4. Meira, 13.11:56; 5. Vilaxoán, 13.13:77.
Por outra banda,os atletas, masculinos e femininos do Club Remo Mecos do Grove, anfitrión e organizador, proclamáronse campións da I Bandeira Vitaldent de trainerillas que o sábado pola tarde se disputouse no porto grovense. Acadaron 8 puntos. Tirán, con 7 puntos, e Chapela, con 5, completaron o podio dunha regata que sumou 33 tripulacións nas súas tres categorías.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará