Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ano Rita Otero, unha muller que “fixo da caridade o seu lema de vida”

RR_Noticias

O descubrimento dunha placa no Pazo de Petán, casa da familia Regojo e unha ofrenda floral na capela existente no propio inmoble serviron para dar inicio aos actos que durante todo este ano van lembrar e homenaxear a figura de Rita Otero Fernández (1902-1956), unha muller nomeada Persoeira do ano 2014.

Durante todo o ano e seguindo a senda dos seus predecesores con esta distinción, o avogado e intelectual Casto Sampedro e o médico e político republicano Alejandro Otero, a Concellería de Cultura desenvolverá diferentes actividades co obxectivo de dar a coñecer a vida de Rita Otero, a que fora esposa do industrial José Regojo e de quen se destaca, como se pode ler na placa xa instalada no Pazo de Petán que “fixo da caridade o seu lema de vida”. O acto celebrado o sábado na casa familiar contou cunha nutrida representación política pero tamén numerosos veciños que se achegaron para acompañar á familia nos actos programados e que incluíron unha ofrenda floral na capela existente na vivenda. Ademais do seu neto, José Antonio Marques de Magallanes, que se emocionou ao lembrar á súa avoa, puxo a voz neste acto un dos seus fillos, Pedro Regojo, quen salientou o “profundo espírito relixioso, a valentía e a audacia” de Rita Otero. Repasou a biografía da súa nai lembrando que nos anos da posguerra “anos duros pola pobreza e falta de liberdades” Rita Otero non dubidou, malia non ser politicamente correcto, en visitar aos presos de San Simón levándolles “comida, roupa e sobre todo esperanza” así  como tampouco dubidou en axudar ás súas familias. Unha muller que definiu como “intelixente aínda que non intelectual, cunha vontade de ferro e moi xenerosa”. Interviu tamén neste acto o alcalde de Redondela Javier Bas, quen fixo fincapé no obxectivo deste recoñecemento: dar a coñecer a figura de moitos redondeláns cun peso importante na historia de Redondela para que a súa vida e obra non quede no esquecementos. Engadía que “non hai pobo máis sabio que o que da a coñecer a súa historia e tradición e fai todo o posible por conservar o nome dous seus protagonistas”. Neste sentido quixo lembrar tamén a figura de Rita Otero de quen destacou o seu espírito caritativo e que fora ela quen fixo posible que a empresa téxtil Regojo se asentara no noso concello. Os actos que arrancaban esta fin de semana prolongaranse durante todo o ano con exposicións que sirvan para espallar a súa figura entre os veciños da vila, segundo explicou o concelleiro de Cultura Julio Alonso  

Pedro Regojo fillo de Rita Otero
Falou da súa nai como unha muller cun profundo espírito relixioso valente e a audaz
Javier Bas alcalde
Un recoñecemento para dar a coñecer a figura dos homenaxeados
Julio Alonso edil de cultura
O Concelleiro éxplicaba en que consistirán os actos ao longo do ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará