Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Construcciones Castro Chapela non pode co último clasificado

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira empataron ante o Ereintza Aguaplast nun partido disputado no País Vasco e que rematou cun igualado marcador a 29 goles. Ao equipo de Chapela tan só lle resta un partido, pecharán a tempada o vindeiro 10 de maio cun encontro ante o Octavio.

O equipo Costrucciones Castro tivo que conformarse cun empate ante o último clasificado na categoría, o Ereintza Aguaplast, un equipo que se xogaba o non descenso de xeito matemático o que fixo que se amosaran especialmente duros na pista. De feito, os de Fran Teixeira comezaron o partido perdendo e no minuto quince o marcador era a favor dos locais por 6 goles a catro. Malia todo os de Chapela remontaron e chegaron ao descanso cunha vantaxe de 10-13. Na segunda parte do partido o Construcciones Castro fíxose coa pista e foi o claramente superior pero iso non lles bastou para facerse co encontro que chegaría ao seu remate con táboas no marcador.
O Construcciones Castro pecha a tempada ante o Octavio nun encontro que se disputará no pavillón de Chapela o 10 de maio ás 19:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará