Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loaira organiza un curso de introdución á agricultura ecolóxica

RR_Noticias

Aprender a deseñar unha horta, facer compostaxe ou como eliminar as plagas sen empregar produtos químicos son algúns dos aprendizaxes que os participantes neste curso van recibir ao londo da fin de semana nas clases prácticas que se van desenvolver na Horta do Cadaval en Reboreda. As persoas interesadas en informarse sobre esta actividade poden facelo no teléfono 629 181 152 ou no enderezo electrónico hortadocadaval@yahoo.es.

O atractivo da agricultura ecolóxica e o interese dos veciños por aprender as súas técnicas quedou patente na convocatoria deste curso, xa que foron moitos os que se inscribiron e incluso os organizadores, a Asociación de consumo responsable Loaira e a Horta do Cadaval, estudan a posibilidade de facer unha nova convocatoria para dar cabida a todos os que se interesaron pola iniciativa. Os asistentes a esta actividade, que se vai desenvolver o sábado 3 e o domingo 4 en Reboreda, aprenderán a deseñar unha horta, as características do solo e o método do bancal profundo, tamén se lles achegarán as técnicas da elabotrración de compost, a rotación e asociación de cultivos así como os xeitos de evitar os desequilibrios nas hortas. O lugar do curso será na horta do Cadaval na parroquia de Reboreda o sábado en horario de tarde de 16 a 20:00 horas e o domingo dende as dez da mañá ata as oito da tarde con parada para xantar de dúas a catro. As persoas interesadas en informarse sobre esta actividade poden facelo no teléfono 629 181 152 ou no enderezo electrónico hortadocadaval@yahoo.es.  

Gabriel Sánchez Loaira
Explica os contidos do curso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará