Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

De “pinchos” por Redondela

RR_Noticias

Os restaurantes e cafeterías de Redondela continúan esta fin de semana coa celebración da III Ruta do Pincho. Unha oferta gastronómica que lle permite ao clientes degustar deliciosas tapas acompañadas dun viño ou unha cervexa por 2,50 euros. O evento remata o vindeiro domingo día 4. os que completen unha ruta de só 8 establecemento participarán dun sorteo de agasallos como estancias de hotel en balnearios ou lotes de viño.

Entre os petiscos que se poden degustar nos 22 establecementos participantes atopamos nomes tan suxestivos como Capricho ibérico confeitado en salsa de lemos, peixe sapo con vieira á Parra, Croqueta líquida de choco e niños de arroz con caviar de algas, adobo de bivalvos con salsa verde ou petisco de raxo sobre crocante en salsa de sidra. Dende a Asociación de empresarios salientan ante todo a calidade dos produtos empregados na elaboración destas tapas onde atopamos bacallao, lagostinos, xamón, polbo e, como non, o choco da enseada. Ademais de poder gozar coa gastronomía os clientes terá a posibilidade de optar a diferentes premios completando unha ruta de tan só 8 establecementos. Entrará no sorteo dunha noite de Hotel para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas, un circuíto termal Talaso Atlántico ou un pack de 3 botellas con denominación de orixe. Ademais os 20 primeiros en completar toda a ruta terán u8n premio directo: un botellón de viño.  

Julia Alonso Asociación empresarios
Fálanos da cuidada elaboración dos pinchos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará