Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non afrouxa

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes seguen enganchados aos postos de cabeza logo de golear ao Rápido de Bouzas cun resultado de 4-2, que mesmo podería ter sido máis avultado. Na pasada xornada tamén gañaron o Choco B, o Arcade e o Cesantes. En fútbol sala o Redondela impúxose ao Abetos, mentres que o partido aprazado co Lavadores non se disputou.

Terceira División
Choco 4-2 Rápido de Bouzas
Partido con moito fútbol de ataque, ocasións e goles, todo o que un espectador pode agardar. O Choco mantívose fiel ao seu estilo, e cos obxectivos cumpridos segue a profundar no seu xogo. O xogo dos visitantes tamén permitiu que o enfrontamento se traducira nun intercambio de golpes constante. Primeiro adiantáronse os de Bouzas cun saque de esquina ensaiado que rematou Diego Diz dentro do área. Reaccionou pronto o Choco e o redondelán Pablo Couñago asinou o empate, logo no tempo engadido do primeiro acto cazou un centro para poñer en vantaxe ó Choco. O 3-1 poñeríao Yerai e o lateral Robi, cun disparo de máis de trinta metros, puxo o cuarto tanto do Choco no tanteador. O Rápido de Bouzas tamén tivo as súas opcións. Diz e Chema fallaron o man a man ante Cortegoso e o tanto que pechou o partido chegou a falta de cinco minutos, obra de Fran Matos.
Cos tres puntos, o Choco mantén a sexta praza a cinco da promoción de ascenso con dous partidos por xogarse. Na próxima xornada xogan no campo do Deportivo B.
Segunda Autonómica

Choco B 3-2 Matamá
O filial do Choco escala ata a 3ª praza logo de impoñerse ao Matamá. Na próxima xornada xogan no campo do Vilariño.
Vilanova 0-1 Arcade
Os de Arcade impuxéronse ao Vilanova, afundido no pozo da clasificación. Na próxima xornada volven xogar fóra, diante do Vilagarcía.
Noalla 1-0 Soutomaior
O Soutomaior non puido co Noalla, que agora o adianta na táboa. A próxima xornada reciben ao Mosteiro, da metade alta.
Terceira Autonómica

Cesantes 3-2 Cerponzóns
O Cesantes superou ao Cerponzóns nun partido con moitos goles. Os redondeláns son agora 10º, e na próxima xornada xogan na casa do pechacancelas, o Salcedo.
Futbol Sala

Terceira División
Pazos de Borbén F.S. 3-5 Burela B
Final de liga para o S.D. Pazos Fútbol Sala, que rematan na 5ª posición da táboa logo da derrota co Burela, que empatou a puntos co campión, o Leis Pontevedra. Con todo, os de Marcelo asinaron unha temporada espléndida, rematando a tan só dous puntos do líder.
Autonómica Sur

Redondela F.S.3-0 S.D. Abetos
Uns días complicados para o Redondela, con varios encontros pendentes por mor dos aprazamentos. A primeira das citas, o sábado co Abetos, resolvérona con contundencia nun partido no que foron moi superiores aos rivais. O domingo tiñan pendente o partido en Vigo co Lavadores, pero finamente non se xogou no que foi “un despropósito máis” nesta liga, tal como denuncia o equipo redondelán. O partido, que xa fora aprazado polo Lavadores sen causa xustificada, tampouco se puido disputar o domingo porque a pista do Pavillón Marcote estaba ocupada por un encontro de baloncesto. Desde o club de Redondela xa anunciaron que non teñen ningunha intención de disputar este encontro pendente cos vigueses. O que si teñen marcado no seu calendario é o partido deste xoves, 1 de maio, no que visita Redondela o líder e virtual campión Talleres ABC Vigo. Rematarán o sábado en Moaña ante Pandiña no penúltimo partido de campionato regular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará