Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a falta de transparencia do goberno local no proxecto do Val do Maceiras

RR_Noticias

Lamentan que non se lles permita facer público este documento malia estar xa rematado o proxecto dese paseo de 1,8 kilómetros polo Maceira. Critican o comportamento do PP que segundo explican “levan meses sen contestar a preguntas en pleno nin comparecendo para dar explicacións, achegan documentación de decisións importantes con escasos días de manobra e non aclaran como son os contratos dalgúns eventos entorpecendo así o labor de fiscalización da oposición”.

Explican dende a Agrupación de Electores que como resposta a súa solicitude para acceder ao proxecto do Val do Maceiras dende o equipo de goberno se lles permitiu consultar o documento pero non facerlle copia algunha ou escanealo. non entenden que malia estar o proxecto rematado, contar coa autorización de Augas de Galicia e coas descripcións técnicas respecto do tratamento para a construcción da senda, muros e pontes así como do mapa do percorrido e mencionar incluso algunhas das ilegalidades cometidas con invasión da servidume de tránsito ou con industrias que contaminan a canle “non poida ser público”.
Lembran ademais que o propio servizo de intervención recomendaba fomentar a publicidade das obras que se van licitar tendo en contar que esa publicidade “fomenta a participación de diferentes licitadores e con carácter xeral supón aforros para o Concello”. 
Aseguran descoñecer os motivos que levan ao goberno local a non facer público este proxecto e critican que esta actitude do PP “estea dificultando o labor de fiscalización da oposición”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará