Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela festexa o título de Campión de España de Bateis na categoría Absoluta Feminina

RR_Noticias

As mozas que adestra Marco Antonio Castelao fixéronse co primeiro posto na final disputada en augas de Cantabria. A proba estatal tivo un marcado acento galego, xa que os clubs da nosa comunidade fixéronse con cinco das sete bandeiras en xogo.

Ademais de Chapela tamén se proclamaron campións Vilaxoán, Cabana Ferrol, Mecos e Cabo da Cruz en diferentes modalidades. O certo é que o protagonismo galego foi extraordinario nos LXXI Campionatos de España de Bateis, celebrados en Camargo (Cantabria), que o domingo tiveron a última xornada coa disputa das finais de honra e de consolación e na que as tripulacións galegas debuxaron un balance sensacional. Os títulos foron para Chapela na categoría Absoluta Feminina; Vilaxoán en Promesas Feminina; Cabana Ferrol en Cadete Masculino; Mecos en Xuvenil Masculino e Cabo da Cruz en Absoluto Masculino. Pero, ademais, tamén se colgaron tres medallas de prata, con dúas para Cabo e unha para Samertolaméu; así como dúas de bronce conquistadas por Tirán e Cabana Ferrol. En total, dez medallas. Unicamente as bandeiras de Xuvenil Feminino, que gañou Kaiku, e Infantil Masculino, para Bermeo, escaparon ao dominio galego. Na final absoluta feminina, as mozas de Chapela saíron con moita forza desde o comezo con Koxtape tentando xogar as súas cartas e as de Meira na terceira praza. Na última recta con Chapela xa debuxando rumbo vitorioso, as mozas de Samertolaméu puxeron o último esforzo e superaron a Koxtape, colgándose a prata.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará