Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catorce Maios darán a benvida á primavera

RR_Noticias

Redondela prepárase para vivir un ano máis a tradicional festa dos Maios que contará nesta ocasión cun total de 14 maios participantes. Unha figuras vexetais que se poderán ver xa a partir das once da mañá na Alameda lugar no que permanecerán ata que se dean a coñecer aos premiados e cuxos integrantes subirán ao palco instalado na praza do concello para cantar e interpretar as súas coplas.

Son en total 9 maios artísticos e seis tradicionais que se disputarán os premios de cada categoría dotados con 200, 150 e 100 euros para o primeiro, segundo e terceiros clasificado nas categorías de coplas e interpretación. Tamén haberá tres premios para as tres mellores composicións en artístico e en tradicional.
Atopamos entre os participantes a algúns dos gañadores da edición anterior como os rapaciños do Carballo ou os mozos de Chan das Pipas de Saxamonde ou o maio O Canastro. Repiten tamén os maiores do Centro de día Arela ou os Miúdos de Samar e así ata un total de 14 composicións que se suman a esta celebración do vindeiro xoves 1 de maio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará