Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabaleiro alerta do “dano irreparable” que provocará o muro que se está a construír na praia

RR_Noticias

O grupo municipal socialista, a través do seu secretario xeral e veciño de Cesantes, Leonardo Cabaleiro entende que Costas equivócase ó construír ó borde da praia de Cesantes un muro vertical que suporá un novo desastre para o areal. Asegura que a Dirección Xeral de Costas comezou a construír un muro de contención na zona comprendida entre o Loureiro e a Punta “con técnicas invasoras e que suporá un dano irreparable para a praia da Punta, un dos principais atractivos do municipio”.

Cabaleiro indica que “facer un muro vertical na zona intermareal é intolerable, sobre todo cando xa se demostrou que este tipo de actuacións provocan o arrastre dos áridos finos quedando a construción cada vez máis ó descuberto”. O concelleiro socialista engadiu que “na mesma praia hai varias muros que agora están en ruínas ou directamente no chan, pero parece que nin Costas nin o goberno municipal entenden o funcionamento das mareas no fondo de ría e pretende realizar unha actuación prexudicial, que en poucos anos, suporá unha importante perda de area na zona, un dos principais problemas da praia de Cesantes”.
Cabaleiro engadiu que “tamén se verá afectada unha zona de marisqueo onde se ven de sementar ameixa pequena, que polas cualidades deste areeiro, son unha riqueza para as mariscadoras de a pé da confraría de Redondela”.
Por outra banda, o concelleiro socialista engadiu que “aínda se entende menos esta actuación cando se ten prevista a construción dó paseo marítimo dentro do Plan Marisma+ no litoral de Cesantes e par parte do Goberno Municipal aínda non se deu a coñecer o proxecto”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará