Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Miranda: “O saneamento da Ría está na axenda política europea grazas ao BNG”

RR_Noticias

A europarlamentaria e candidata nacionalista ás eleccións europeas reunirase na tarde de hoxe venres con representantes da Confraría de Redondela e da Plataforma en defensa da Enseada de San Simón, nun encontro aberto á toda a cidadanía que se vai desenvolver na Casa da Cultura ás 19:00 horas.

Unha xuntanza coa candidata do BNG ao parlamento europeo no que está previsto abordar cuestións tales como o saneamento integral na ría de Vigo, a pesca artesanal, o marisqueo e a situación de sectores produtivos como o da conserva con importante implantación no noso concello. Temas que segundo explica Ana Miranda afectan a toda a cidadanía e que forman parte da axenda política europea polo interese do BNG de que a situación medioambiental das rías galegas fora cuestión de debate en Bruxelas. No encontro falarase tamén de temas que afectan de xeito particular aos mariñeiros de Cesantes, como o reparto da cota da xarda, cuestión candente nos últimos meses logo de que a flota do cerco de Redondela se sumase ás protestas en demanda dun reparto máis xusto.  

Ana MIranda candidata do BNG ao parlamento europeo
Fala do traballo do Bloque en Bruxelas en defensa do saneamento da ría
Charla na Casa da Cultura
Unha reunión aberta á cidadanía
Reparto de cotas
Falarase tamén de diferentes temas que preocupan aos mariñeiros e a confraría

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará