Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os devotos do Cristo participan nunha multitudinaria procesión

RR_Noticias

Os devotos ao Cristo da Agonía participaron masivamente na procesión que partía ás 20:30 horas dende a Igrexa de Santiago para percorrer as rúas do casco vello e o centro urbano. Unha longa procesión que contou cunha nutrida representación municipal, encabezada polo alcalde Javier Bas e con presenza tanto de concelleiros do PP como concelleiros do PSOE.

A celebración relixiosa do Cristo da Agonía ou Cristo dos Navegantes é a que conta cunha maior devoción na nosa bisbarra como o volveron amosar onte os centos de persoas que participaron no percorrido procesional. Unha xornada que malia arrancar con mal tempo e con choivas deu paso a unha tarde máis  agradable que permitiu que saíra a comitiva sen ningún tipo de incidente. Unha procesión encabezada pola banda de tambores e cornetas Vires da Amargura de Ferrol e o pendón portado polos membros da irmandade do Cristo dos Navegantes. Tamén houbo unha importante representación municipal xa que ademais do alcalde, Javier Bas, participaron varios concelleiros de PP e PSOE. A numerosa comitiva prolongou a marcha durante case dúas horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará