Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden un plan global de arranxo de camiños para evitar as intervencións de “carácter electoralista”

RR_Noticias

A Agrupación de Electores solicita que se elabore un plan estrutural programado que estableza prioridades nas actuacións para a mellora dos camiños e estradas das diferentes parroquias. O obxectivo é establecer unha serie de criterios á hora de valorar que obras teñen prioridade e evitar “o marcado carácter electoralista que teñen moitas desas intervencións, que a maioría das veces acométense debido a presións de todo tipo”.

Entende AER que se deben primar aquelas actuación que faciliten a mobilidade intra e interparroquial e que se deberían priorizar aquelas vías que conten co consentimento dos veciños.
Por este motivo solicitan ao pleno do concello que se realice un plan xeral de arranxo de camiños e vías interiores das parroquias, nos que se priorice, como condición indispensable para a intervención, o establecemento dos retranqueos necesarios e o establecemento de beirarrúas ou zonas de tránsito cun ancho seguro para os peóns, cando ditas vías sexan usadas por automóbiles. Apuntan tamén que se debería dar  máxima prioridade a aquelas vías que deixen espazo para carrís bici ou uso exclusivo de vehículos sen motor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará