Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros e contacontos na IX semana do libro

RR_Noticias

A biblioteca de Soutomaior celebra dende hoxe martes e ata o venres catro xornadas de actividades orientadas a todos os públicos. Actividades algunhas das cales precisan de reserva previa que se pode formalizar na propia biblioteca, enviando un correo electrónico a biblioteca@soutomaior.com ou chamando ó teléfono 986 700 291.

A primeira das citas será o martes co obradoiro “A ciencia é divertida”. A Contacontos Ana Romero “Nita” será a encargada de guiar esta actividade na que se mesturan os contos coa ciencia, un xeito de introducirlles aos máis cativos o interese pola explicación científica do que nos rodea. Haberá catro sesión en horario de mañá e tarde que se distribuirán en función da idade dos rapaces. O mércores 23 a asociación Xanela Ocio presentará Contos ao revés, un contacontos orientado ao público infantil a partir dos cinco anos que terá lugar ás 17:30 horas. O xoves ás cinco da tarde  a compañía de títeres Tarabelos impartirá un obradoiro de máscaras e un contacontos recomendado a rapaces a partir de seis anos. A semana do libro concluirá o venres con dúas actividades para o  público adulto. Ás catro da tarde terá lugar un obradoiro de artesanía a cargo da deseñadora sueca, Elisabeth Hillerud no que os asistentes aprenderán a deseñar e confeccionar fundas portalibros. Dúas horas despois Hillerud será a encargada tamén de achegarlles aos participantes un curso básico de encadernación e decoración scrap.  

Graciela Arias biblioteca de Soutomaior
Actividades para os máis pequenos con obradoiros e contacontos
Tarabelos
Os títeres e as máscaras tamén estarán presentes
Artesanía con Elisabeth Hillerud
Os maiores teñen as súas citas na xornada do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará