Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco encara a recta final de liga ante o Rápido de Bouzas en Santa Mariña

RR_Noticias

Os postos que dan acceso á fase de ascenso están algo máis lonxe logo da derrota da pasada xornada diante do Alondras, pero os redondeláns non o dan por perdido. Quedan tres xornadas por diante e o obxectivo é poñer o broche de ouro a unha temporada espléndida no regreso á Terceira División logo de tres décadas. O próximo rival é o equipo vigués, que se medirá ao Choco en Redondela.

Logo chegará o desprazamento para medirse ao Deportivo SAD B e logo rematarán a liga en Santa Mariña diante do Barbadás. Para o adestrador serán “cruciais” os partidos da casa, onde o Choco ten que saír “a gañar”, aínda que dependerán tamén dos resultados dos seus rivais directos. Agora son sextos, con sesenta puntos, están a cinco do cuarto clasificado, o Cerceda, que marca as prazas para a promoción de ascenso. Jacobo Montes recoñece que o reto será “moi difícil de conseguir” para segura que pelexarán “ata o final” para manter vivo “o soño”. A primeira das finais será este domingo co Rápido, un equipo moi competitivo ante o que o Choco quere manter a posesión do balón “para poder facerlle dano”. Contarán co apoio da afección redondelán, que o longo da temporada está a alentar aos de Montes. O ansiado ascenso a Terceira, o regreso de Pablo Couñago e a boa posición na táboa animan ao público a achegarse a Santa Mariña, aínda que no club advirten que “poderían ser máis” os que se achegan ao campo de fútbol municipal. Malia todo comprenden que a incomodidade das remodeladas instalacións, onde aínda carecen de gradas, poida supoñer un inconveniente para os espectadores, que se ven na obriga de seguir o encontro de pé. Esta última fase das obras de mellora de Santa Mariña estarán rematadas nuns meses, e confían en que a próxima temporada sexa un aliciente para que máis público se achegue ao campo a apoiar ao Choco.A cita co Rápido de Bouzas será o domingo ás 17.30 horas.    

Jacobo Montes adestrador
O técnico non renuncia a ningún obxectivo malia recoñecer que a fase de ascenso é un reto moi difícil.
Choco-Rápido de Bouzas
Un encontro entre dous equipos que buscan a posesión do balón.
Público en Santa Mariña
Os bos resultados do Choco animan aos afeccionados a seguir ao equipo en Santa Mariña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará