Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE demanda o mantemento do partido xudicial de Redondela

RR_Noticias

Os socialistas presentan unha moción no vindeiro pleno na que solicitan o apoio do resto dos grupos para reclamar conxuntamente o mantemento do partido xudicial de Redondela que desaparecería no caso de cumprirse o anunciado polo goberno estatal que prevé a supresión dos Partidos xudiciais existentes en Galicia co obxectivo de concentrar aos xuíces nas capitais provinciais e crear Tribunais de instancia.

Segundo explican dende o PSOE, en Galicia esa medida suporá a desaparición de 41 partidos xudiciais e unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, da accesibilidade dos cidadáns e dos custos derivados. Apuntan que debido as peculiaridades do territorio galego, cunha cidadanía moi espallada deberíamos contar cunha “planta dos servizos públicos que facilite o achegamento dos cidadáns”.
Engaden ademais que a eliminación dos partidos xudiciais forma parte “dunha política xudicial fondamente lesiva para os cidadáns” que supuxo entre outras cuestións que o Goberno do Estado xa paralizase os procesos de modernización tecnolóxica, de posta en funcionamento da nova oficina xudicial e de creación de prazas, está anunciada ademais a modificación dos Rexistros Civís e agora proponse a desaparición dos partidos xudiciais e a concentración da actividade xurisdicional nas capitais de provincia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará