Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en San Simón o congreso #NeThinking coa presenza de Risto Mejide

RR_Noticias

A Illa acolle o venres 25 e sábado 26 de abril a cuarta edición do congreso #NeThinking, un foro organizado pola Consellería de Cultura e Educación no que se analizará o presente e futuro de Internet e as redes sociais. Ao equipo de expertos en comunicación, redes sociais, educación ou mercado dixital sumaranse este ano novas incorporacións como a do publicista e comunicador Risto Mejide ou o presidente da Fundéu, Joaquín Müller A Illa do Pensamento abrirase de novo á participación virtual a través de streaming e Twitter.

Un encontro impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que celebra a súa cuarta edición convertido nun referente a nivel estatal dos eventos vinculados aos modos de comunicar en internet e redes sociais. O obxectivo do foro é conversar sobre os nosos modos de comunicar, xerar ou distribuír contidos e obter rendemento social, laboral e empresarial na era internet. Nesta edición as temáticas principais estarán vinculadas a aspectos como os novos medios de comunicación, a Lei de Propiedade Intelectual, o emprendemento ou a chamada internet das cousas. Como nas edicións anteriores, as xornadas serán abertas e dinámicas, con participación libre de todos os integrantes do foro, aos que os internautas poderán formular preguntas en directo e compartir as súas reflexións sobre o presente e o futuro dun mundo en permanente revolución. O singular formato de #NeThinking permitirá abrir de novo durante dous días a Illa do Pensamento non só a nivel físico senón tamén virtual, xa que as sesións retransmitiranse en directo por streaming e cun activo seguimento en Twitter.  

Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura
Explica o obxectivo do Congreso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará