Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Banda de música de Chapela soa de cine

RR_Noticias

“Batutas e claquetas” é o nome do concerto que se poderá escoitar estes días en diferentes escenarios de Redondela enmarcada dentro do programa do Redondela en curto. Un repertorio cargado de bandas sonoras inesquecibles tanto para público adulto como público infantil. A banda de música actuará o xoves no Multiusos dentro do acto inaugural do Festival e, se o tempo o permite, repetirá o sábado ás 21:00 horas na Pista da Xunqueira e o domingo ás 19:00 nos Xardíns da Alameda.

Memorias de África, La misión, E.T., La Bella y la Bestia ou Jurasic Park ou Harry Potter son películas que marcaron aos espectadores de onte e hoxe. Os seus argumentos forman parte xa da historia particular de moitas xeracións pero tamén as súas músicas foron escoitadas e cantaruxadas por grandes e cativos. Uns temas que poderemos escoitar estes días en directo grazas ao traballo desenvolvido polos músicos da Banda de Música de Chapela baixo a dirección de Santiago Barreira, quen crearon un repertorio específico para conmemorar e celebrar a X edición do Festival Redondela en curto que arranca este xoves ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira.  

Fernando Casas Vicepresidente Escola de música
Un repertorio variado que quere atraer a todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará