Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

200.000 euros para minimizar os cheiros na Depuradora e instalar un peche vexetal

RR_Noticias

A Consellería de Medio Ambiente a través de Augas de Galicia aproba un investimento de case 200.000 euros con cargo aos fondos europeos FEDER para realizar tarefas de mellora que pretenden tratar os olores e reducir a súa emisión nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR.

As obra a realizar consistirán na instalación de sistemas de desodorización para reducir a contaminación por olor. Así unha vez localizados os focos máis importantes de contaminación olfativa da EDAR, situados no edificio de deshidratación e no espesador de lodos, ademais de no pozo de grosos, proponse a instalación de sistemas de desodorización, instalarase unha cubeta no espesador de lodos para poder confinar e eliminar o olor xerado nesta instalación.
Tamén se procederá á adaptación dos sistemas de control da planta, incorporando as sinais dos novos equipos e da rexa de grosos ao centro de control da Estación Depuradora de Augas Residuais. Finalmente, farase unha instalación dun peche vexetal perimetral en toda a EDAR, coa súa correspondente rede de rego.
As accións a levar a cabo, que teñen un prazo de execución de 6 meses, supoñen un investimento de case 200.000 euros, aboados pola Xunta de Galicia coa cofinanciación de fondos europeos FEDER.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará