Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Mágica bola”, un musical infantil baixo a dirección de Cristian de Samil

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle esta domingo ás 18:00 horas un musical protagonizado por Humy Donado baixo a dirección de Cristian de Samil. Un espectáculo orientado “a nenos de 1 a 100 anos” cunha coidada coreografía e un elaborado traballo de maquillaxe e vestiario. O prezo da entrada é de 7 euros en venda anticipada, 8 na billeteira unha hora antes do inicio da función.

O musical está interpretado no seu papel principal por Humy Donado, quen da vida a “A” unha meiga fada que conduce a un emisario doutro planeta que chega ao noso cunha bola máxica na que recoller toda a información sobre os xogos e os xeitos de se divertir dos nenos terrícolas. Un argumento máxico acompañado dunha ambiciosa posta en escena, con coreografías, maquillaxe e vestiario “que nada teñen que envexar ás produccións Disney”. O seu produtor e tamén actor, Cristián de Samil apunta tamén que se trata dun espectáculo moi participativo onde grandes e cativos acaban cantando temas actuais e cancións de todos os tempos como “tengo una muñeca vestida de azul” ou a clásica “Hola Don Pepito, hola Don José”. A actuación será o domingo ás seis da tarde no Multiusos da Xunqueira e as entradas pódense retirar na axencia Viaxes Loa a un prezo de 7 euros en venda anticipada. Unha hora ante do espectáculo venderanse no propio multiusos a 8 euros.  

Cristan de Samil productor e actor
Fálanos do musical a Mágica bola
Un espectáculo participativo
Grandes e cativos gozarán coa máxia e as ancións da obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará