Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha muller por un roubo cometido no Instituto Illa de San Simón e nunha vivenda

RR_Noticias

A muller accedeu ao interior do centro educativo e roubou cartos e efectos persoais de varios profesores así como as chaves e diversa documentación dun alumno. A continuación dirixiuse á vivenda do mozo levándose do domicilio diversas xoias e preto de cinco mil euros en efectivo. A detida, veciña de Vigo, pasou xa a disposición xudicial e está imputada por dous delitos de roubo con forza.

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha muller de 32 anos de idade e veciña de Vigo como presunta autora de dous delitos de roubo acontecidos no pasado mes de marzo. A investigación iniciouse logo de que unha veciña de Redondela denunciase un roubo na súa vivenda. Unha vez iniciada a investigación os axentes comprobaron que na mesma xornada se tiña producido outro roubo no Instituto Illa de San Simón, de onde unha muller tiña roubado diversos efectos e unha importante cantidade de cartos aos profesores do centro así como unha chaves dun alumno, sendo precisamente o domicilio deste mozo onde se cometera o roubo denunciado, polo que se concluíu que fora a mesma persoa quen cometera ambos os dous delitos.
Grazas aos datos achegados por algunha testemuñas que viron a unha muller merodeando polo centro educativo e ao estudo das probas recollidas, na tarde do martes procedeuse á detención dunha muller a quen lle constaban oito antecedentes policiais, varios por feitos semellantes ao investigado.
Logrouse ademais a recuperación dos efectos roubados así como o descubrimentos doutras serie de xoias- once aneis de ouro e pedras preciosas e varias pulseiras- das que se está a estudar a súa procedencia. A detida pasou a disposición do Xulgado de instrucción Número 2 de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará