Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seilaesencia, Superoito e Xenderal na final do concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

O público asistente ao concerto que se celebra este venres 11 na antiga feira do gando será o encargado de elixir cos seus votos ao gañador da VII edición. Un concurso que volveu cumprir coas expectativas dos organizadores ao recibirse un total de 42 maquetas de grupos procedentes de toda a xeografía galega.

Os tres finalistas desta edición mediranse nun concerto-concurso que se celebrará este venres a partir das 21:30 horas na Antiga feira do gando. Os asistentes a esta cita musical serán os encargados de elixir cos seus votos ao gañador deste ano, que se fará así un oco no cartel do Festival Alternativo Millo Verde do vindeiro mes de xullo ademais de levarse o galardón dotado con 300 euros. A primeira en subirse ao escenario será a viguesa Seilaesencia, hip hop e rap dunha moza emerxente no panorama musical e que, segundo nos explicaba Manu Pérez, é a primeira vez que proba sorte neste certame. A continuación subiranse ao escenario Chabi, Glenn e Iván, tres rapaces procedentes da vila de Ordes que se fan chamar Superoito e que teñen un lema moi claro para definirse: tocar rápido, bailar ben e facelo en galego. E xa para concluír a terna de candidatos tocará Xenderal, grupo de Cerceda formación que comezou a súa andaina nas músicas contemporáneas introducíndose no rap e no mundo do Hip-Hop para despois deixarse seducir polo beatbox e o reggae. Unha festa que contará tamén coa presenza dos redondeláns Síndrome del Norte como grupo convidado. Dende a organización confían en que o bo tempo previsto para este venres anime a veciños e visitantes a achegarse a este concerto, cuxa entrada custa tres euros con consumición.  

Manu Pérez Millo Verde
Fálanos da primeira finalista Seilaesenia
Superoito
Un grupo de Ordes
Xenderal
Por sorteo serán os últimos en subirse ao escenario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará