Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XXXIII Maratón Semana Santa de Fútbol Sala quere ampliar o número de participantes

RR_Noticias

Un ano máis, e van xa 33, o Pavillón Municipal de Redondela celebra o maratón de fútbol sala organizado polo Redondela F.S. en colaboración co Concello e a cafetería Aifos. Será os días 17, 18 e 19 de abril, tanto en categoría feminina como masculina. Todo un clásico destas datas que dese a organización pretenden relanzar incrementando o número de participantes da edición anterior.

A inscrición está aberta ata o próximo luns, 14 de abril, na cafetería Aifos ou nas oficinas do club, no Pavillón Municipal. O presidente da entidade, Julio Mougán, explica que o seu obxectivo é promover e fomentar este tipo de iniciativas, que se abren á participación “de toda a sociedade” fóra do calendario oficial da competición. A maratón, con moita tradición na bisbarra, foi perdendo afluencia de equipos nos últimos anos, e o obxectivo é superar o número de participantes do ano pasado, cando competiron 16 equipos. Outro reto é reunir un maior número de equipos femininos que permita realizar o torneo nas dúas categorías, e que non se limite a unha competición masculina. A inscrición para os equipos que desexen participar está aberta ata o 14 de abril, e custa 120 euros para os equipos masculinos e 50 para os femininos. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados tanto en categoría feminina como masculina, e tamén un premio á Deportividade, trofeo ao mellor xogador, o equipo menos goleado e ao máximo goleador. Ademais os equipos campión e subcampión recibirán un premio en metálico, sempre que particpen un mínimo de 24 equipos.  

Julio Mougán adestrador
A maratón é unha actividades dirixida á toda a sociedade e no club tentan aumentar o número de participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará