Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Premiada unha iniciativa da Biblioteca en colaboración cos libreiros e a Radio Municipal

RR_Noticias

A Federación de Libreiros de Galicia recoñeceu o labor de promoción da lectura levado a cabo dende a Biblioteca Municipal de Redondela. Unha iniciativa desenvolvida no pasado Nadal en colaboración coa Radio Municipal e os libreiros do concello que foi galardoada esta fin de semana na entrega dos XXIII Premios Irmandade do Libro celebrada en Rianxo.

O proxecto premiado contou coa colaboración dos libreiros de A Carambola de Reboreda, Libraría Rivero de Chapela e as librarías La Imprenta de Amador, Moliere, Doble Pauta e Mandamamá no casco urbano de Redondela e da Radio Municipal na que se emitiu unha  programación especial destinada a promocionar os libros como agasallo de Nadal e a sua adquisición nas librarías do propio concello.  

Mª Elena Becerra biblioteca de Redondela
Agradece o premio recibido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará