Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de remo de Chapela busca praza para o Campionato Galego nas probas territoriais

RR_Noticias

Esta fin de semana as augas de Meira serán o escenario dos Campionatos Territoriais, onde se clasificarán para o Campionato de Galicia a celebrar na Pobra do Caramiñal os días 19 e 20. en Chapela confían en clasificar algunhas das súas embarcacións para a proba autonómica, e mesmo acadar resultados que lles permitan representar a Galicia no Campionato de España de bateis que se celebrará en Cantabria os días 26 e 27 de abril.

O presidente do club, Julio Prado , recoñece que será un reto difícil, pero confía no alto nivel dos seus equipos femininos, que veñen de impoñerse na categoría promesa e absoluta na XVIII Bandeira Concello de Redondela de bateis celebrada a pasada fin de semana en Chapela. As cousas estarán máis complicadas nas categorías masculinas. Os últimos cambios producidos no club obrigaron á entidade a organizar un equipo sénior “case desde cero”. A saída do adestrador, Fran González, e a marcha de moitos dos seus remeiros deixaron ao club con só tres dos deportistas da temporada pasada. A directiva decidiu que fora Cabaleiro, ata agora encargado das categorías inferiores, o que adestre ao equipo sénior. Trátase dun técnico con experiencia tamén nas categorías femininas, encargado do Rías Baixas e técnico tamén do Coruxo. O seu traballo consistirá en crear e consolidar unha nova traiñeira, xa que non contaban con tempo suficiente para preparar a temporada de bateis e traiñeiriñas. Prado explica que non renuncian a competir nestas embarcacións, pero explica que o “prioritario” é preparar ben a traíña para evitar o descenso. Unha embarcación de museo Por outra banda o club prepara o traslado da traiñeira “Arealonga” ao Museo do Mar de Galicia, en Alcabre. A embarcación de madeira pasará a formar parte da colección do complexo vigués. Trátase dun barco de competición construído en 1985 nun estaleiro vasco. Agora leva anos en desuso, xa que este tipo de traíñas foron substituídas por outras máis modernas de fibra de carbono, moito máis manexables e lixeiras. Desde hai 15 anos estaba nas instalacións do club, pero a falta de espazo e o seu elevado custe de mantemento facían inviable a súa continuidade. Para evitar a súa destrución e queima no club optaron por ofrecerlla ó Museo do Mar de Galicia. A institución de Alcabre aceptou e faranse cargo de restaurar a embarcación e expoñela ao público nun lugar axeitado. Desta maneira as novas xeracións poderán coñecer como eran as antigas traiñeiras de madeira, feitas de xeito artesanal e que forman parte da historia do remo galego. O museo decidiu comprometeuse a manter os nomes de “Arealonga” e “Chapela” na traiñeiras, e buscará un lugar para ela onde haberá outras embarcacións tradicionais.    

Julio Prado presidente
No club confían en clasificar algunha embarcación para o Campionato Galego malia a dura competencia.
Cambios no equipo sénior
O equipo masculino parte este ano de cero logo do cambio de adestrador e de remeiros.
Unha traíña histórica
O Museo do Mar de Galicia acollerá a embarcación tradicional de madeira doada polo club de remo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará