Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela queren facer fronte común coa oposición na demanda da estación ferroviaria

RR_Noticias

Representantes da Asociación de veciños de Chapela reúnense hoxe mércores día 9 cos partidos da oposición (PSOE, BNG e AER) para coñecer a súa postura e as medidas a adoptar de cara a demandar a construción dun apeadoiro na parroquia. A reunión foi convocada logo de que o alcalde, Javier Bas, trasladase aos veciños que “non estaba prevista a súa construción”.

A presidenta da Asociación de Veciños Angeles Méndez lembra que a parroquia non conta con servicio ferroviario dende o ano 2011 cando os trens de pasaxeiros deixaron de circular á estación de Urzaiz e se desviaron pola zona de abaixo a Guixar. Unha  infraestrutura que consideran prioritaria para garantir a mobilidade dos veciños motivo polo que esixen que se acometa a construción do apeadoiro na parroquia tal e como estaba comprometido por Fomento, que chegou incluso a licitar a redacción do proxecto. Por este motivo non entenden que o rexedor local lles trasladase agora “a súa renuncia a este apeadoiro”. Hoxe mércores reúnense co resto dos grupos presentes na corporación para coñecer a súa postura e acordar posibles actuacións conxuntas para reivindicar este servizo.  

Angeles Méndez AVV Chapela
ritica que dende o goberno local se lles trasladase que renuncian á estación na parroquia
Reunión coa oposición
Buscar puntos de encontro e estudar unha posible estratexia común

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará