Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prolingua insta ao concello de Redondela a respetar a ordenanza reguladora do uso do galego

RR_Noticias

A Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, Prolingua, ven de presentar un escrito no Concello de Redondela no que denuncian o incumprimento da ordenanza do uso do galego “na sinalización dos edificios municipais, na rotulación viaria de competencia municipal e en varios anuncios do Centro Deportivo Serviocio”.

“Lamentan profundamente” segundo se recolle no escrito, que nun concello que “actuou como guieiro para outros concellos en materia de normalización lingüística” se estean a cometer “reiteradas transgresión da Ordenanza reguladora do uso do galego aprobada polo propio concello, motivo polo que reclaman que estes incumprimentos se corrixan canto antes.
Unha queixa que chega logo de que meses atrás dende Anova se denunciara tamén publicamente o incumprimento do uso do galego na administración local. Esta formación política denunciaba que “algúns dos funcionarios xa non atenden á cidadanía na lingua galega, que moita da rotulación do Concello está en Castelán e que as empresas concesionarias dos servizos públicos ignoran e desprezan a ordenanza do galego” motivo polo que esixían ao goberno local que adoptase as medidas necesarias para corrixir dita situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará