Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas asegura que o Centro de Día de Cesantes será para maiores

RR_Noticias

O alcalde garante que “o primeiro Centro de Día para Maiores público de Redondela será en Cesantes” e que se fará “todo o posible por dotar a Redondela dos servizos sociais que merece” logo de manter unha xuntanza cos responsables da Consellería de Benestar. O rexedor local e a Concelleira de Servizos Sociais, Teresa París reuníronse cos responsables autonómicos tras coñecerse a intención da Xunta de cambiar o uso previsto para o centro de día de Cesantes. Asegura que nesa xuntanza “tiveron ocasión de resolver pequenos malentendidos”.

O alcalde Javier Bas trasladou aos responsables da Consellería de Benestar “a necesidade de manter o uso previsto para o centro de día de atención de persoas maiores en Cesantes”. Unha petición que o rexedor local lle fixo persoalmente á secretaria xeral de Política social Coro Piñeiro, logo de que a responsable autonómica confirmase en contestación á deputada nacionalista Carme Adán, un cambio na finalidade do Centro de Cesantes. Xustificaban dende a Xunta que “non existe demanda en Redondela para o Centro de Día” polo que estas instalacións se destinarán á atención de persoas con discapacidade intelectual con síndromes asociados de enfermidades mentais.
Javier Bas trasladou aos responsables da Xunta “a necesidade de acompasar as prioridades autonómicas coas necesidades sociais da comarca”. Nese sentido engade nunha nota de prensa que “Redondela necesita un Centro de Día para Maiores, e que por iso Xunta e Concello nos comprometemos neste proxecto. Non teño dúbida de que cumpriremos a nosa palabra”.
Conclúe asegurando que “onde os gobernos bipartitos de Xunta e concello deixaron un cartel e unha promesa incumprida, nos deixaremos unha obra completada e unha realidade, o primeiro Centro de Día para Maiores público de Redondela e será en Cesantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará