Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as visitas teatralizadas no Meirande

RR_Noticias

O Centro de interpretación Meirande amplía as súas actividades propoñéndolle aos visitantes que percorran as instalacións da man de dous personaxes históricos que participaron na batalla de Rande. Unhas visitas teatralizadas de balde que se desenvolverán os días 5 de abril, 18 de maio e 8 de xuño. Tamén neste mes comezarán as actividades enmarcadas no programa Meirande infantil.

Os personaxes históricos de Manuel Velasco Tejada e Château Renault regresarán este sábado ao Centro de Interpretación da batalla de Rande para guiar aos visitantes polas súas salas e contarlles de xeito teatralizado como se viviu aquela encarnizada batalla naval do ano 1702. Faranse pases cada 45 minutos dende as 16:00 ata as 19:30 horas cun máximo de 50 persoas por grupo. A entrada é de balde pero é preciso inscrición previa que se pode formalizar a través do teléfono 986 45 88 91 ou do enderezo electrónico museomeirande@redondela.es. Unha actividade que se repetirá os domingos 18 de maio e 8 de xuño.   A Concellería de Cultura propón tamén para este segundo trimestre do ano tres sesión orientadas ao público infantil con obradoiros e actividades orientadas aos máis pequenos que se desenvolverán o domingo 20 de abril e os sábados 31 de maio e 28 de xuño. Unhas actividades que ven engadir un atractivo a maiores ao Meirande, un museo que está a superar as expectativas de visitantes dende a súa apertura cinco meses atrás. O edil Julio Alonso pon como exemplo o número de entradas que se contabilizaron no pasado mes de marzo “superándose as previsións con creces ao recibir máis de 1.600 visitantes”.    

Julio Alonso edil de cultura
Explica en que consisten as visitas teatralizadas
Meirande infantil
Obradoiros e paiasos para nenos
Superadas as expectativas
O número de visitantes de marzo foi de 1.680 persaas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará