Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Uns 200 alumnos de secundaria mobilízanse en Redondela contra a LOMCE

RR_Noticias

Estudantes dos diferentes institutos redondeláns Redondela partiron esta mañá desde o IES Pedro Floriani nunha manifestación convocada pola Asemblea Redondelá de Estudantes (ARDE). Unha marcha que se encadra dentro das dúas xornadas de folga convocadas contra as políticas do Ministerio de Educación que se prolongan ata mañá xoves. Logo de cortar a N-550 os alumnos percorreron as rúas do centro da vila para rematar cunha concentración diante co Concello.

“Unidas contra a LOMCE, unidas contra o sistema” foi a lema que presidiu a marcha dos estudantes redondeláns. Logo dunha concentración no IES Pedro Floriani partiron ás 12.00 cara o centro da vila. Con proclamas en defensa do ensino público e contra as políticas do goberno percorreron un tramo da N-550 e as rúas Ernestina Otero, José Regojo e Alfonso XII, provocando retencións de tráfico. A marcha rematou cunha concentración diante da Casa do Concello. Os recortes sociais e a corrupción foron tamén protagonistas das súas proclamas. Lois, un dos voceiros da Asemblea Redondelá de Estudantes, explica que o colectivo conta actualmente con máis de cen afiliados dos institutos Pedro Floriani e Mendiño, e que xa mantiveron conversas con alumnos do IES Illa de San Simón, onde se porá en marcha outra asemblea. O seu principal obxectivo é “derrogar a LOMCE”, que consideran “un atentado contra o ensino público”, pero tamén denunciar necesidades dos centro de ensino redondeláns, como a “mellora das bibliotecas, a dotación dun patio cuberto no CEIP Santa Mariña ou a instalación dun elevador no instituto Mendiño.  

En defensa do ensino púlico
Os manifestantes percorreron o centro da vila con consignas en defensa do ensino público.
Contras as políticas de Wert
As políticas do goberno central e a corrupción foron blanco das críticas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará